Enforcadoen galego
Adiviña 10 palabras letra a letra antes de quedar sen vidas. Aprende vocabulario galego mentres xogas.
Xogo en curso
Fin da partida
Ranking
Cargando…
Como se xoga
-
1
Obxectivo
Adiviña 10 palabras galegas, cada unha letra a letra. Cada partida ten 10 vidas (corazóns) compartidas entre todas as palabras.
-
2
Adiviñar letras
Preme unha letra no teclado (ou usa o teclado físico). Tamén podes premer letras con tilde como Á, É… aínda que basta coa letra base: premer A revela tanto A coma Á.
O Ñ é unha letra propia: trátase aparte do N.
-
3
Acertos e fallos
- Cada letra correcta súmache puntos.
- Cada letra errada quítache un corazón e penaliza puntos.
- Se completas a palabra, gañas un bono. Se non perdiches ningunha vida nesa palabra, bono dobre.
-
4
Final da partida
A partida remata cando completas as 10 palabras ou quedas sen vidas. Verás un resumo cos puntos e a precisión, e poderás gardar a puntuación no ranking público.
-
5
Ranking
Se introduces un nome, a partida garda no ranking público (Semana / Mes / Todo). Se non, queda só no teu dispositivo.
Aviso legal e privacidade
Privacidade
Esta web non require rexistro nin solicita datos persoais. Se gardas unha partida no ranking público, almacénase só o nome que ti escribas e a puntuación.
Para evitar abusos do ranking gardamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Cookies
Empregamos unha única cookie técnica:
- enforcado_sid (técnica): cookie de sesión para protexer o envío de partidas. Necesaria para que o ranking funcione.
Licenzas
- Base léxica (palabras e definicións): CC BY-NC 4.0.
- Código fonte: GPL-3.0.
- Tipografías: Merriweather e Open Sans, ambas Open Font License.
Autoría
Enforcado en galego é un xogo creado por As Chaves da Lingua.